sábado, 3 de abril de 2010

Post Anti-Reganosa na web de ADEGA

Actualizada a 3 de Abril de 2010

Nova concentración-protesta entrada "ilegal" gaseiros ría Ferrol (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...GA. De novo, prevista entrada dun gaseiro, neste caso o Madrid Spirit, poucas datas despóis de nova multa a Reganosa por verquidos ilegais á ría de Ferrol. …
29 Marzo, 2010
 
REGANOSA verteu 115 millóns de metros cúbicos de augas residuais sen control á ría de Ferrol (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
Ferrol, 25 de marzo de 2010. REGANOSA, malia a ser recentemente multada con 9.000€, segue a incumprir a autorización de vertedura, coa complicidade da Xunta. Esta empresa privada, participada nun …
25 Marzo, 2010
 
Concentración-cacerolada entrada "ilegal" gaseiro na ría de Ferrol (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...cute; Cidadán Emerxencia da Ría de Ferrol e os colectivos que o apoiamos.  Segundo a súa programación, Reganosa, non tiña prevista descargas hasta o 30 de Novembro. ENAGAS, Xestor Té …
09 Novembro, 2009
 
ADEGA pide a anulación do permiso de vertedura a REGANOSA (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...eiterados incumprimentos do permiso e ocultación de información. Ferrol, 13 de outubro de 2009. A Planta de REGANOSA, mesmo dende a súa entrada en funcionamiento (oficial) en novembro de 2007, v&eacut …
13 Outubro, 2009


III marcha a pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
... 23 de xullo 2009. III marcha a pé até Mugardos polo desmantelamento da Planta de Gas de REGANOSA. Sáida ás 5 da tarde do Parque "Carmelo Teixeiro" en Caranza (Ferrol …
21 Xullo, 2009

Ferrol: Concentración-cacerolada repulsa entrada "ilegal" novo gaseiro na ría de Ferrol (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
Ferrol, 20.6.2009; sábado.Concentración-cacerolada repulsa entrada "ilegal" novo gaseiro na ría de Ferrol. As 7 da tarde, diante do Edificio da Xunta de Galicia (Praza Amada García – P …
19 Xuño, 2009

Día Mundial dos Océanos: ADEGA pide máis reservas mariñas e menos agresións ao litoral (Novas/Últimas novas)
... Supremo que ordena a retirada dos depósitos do Ferrazo e que retire os recursos ás sentenzas do TSXG sobre REGANOSA.Pedimos tamén coerencia á administración galega para estender a moratoria ur …
07 Xuño, 2009

Dia Mundial Medioambiente: Manifestación en Ferrol contra a planta de gas de Mugardos (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...a de Galicia (Praza de España) e rematará no Peirao de Curuxeiras, recorrendo as sedes dos socios de Reganosa, no centro da cidade. Convoca Comité Cidadán Emerxencias Ria de Ferrol e RGN …
03 Xuño, 2009

Xornadas divulgativas na Universidade: "O que cumpre saber sobre Reganosa" (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...ctos vicereitorado de Esteiro-Ferrol. Xornadas abertas de formación cidadá: “O que cumpre saber sobre REGANOSA” . Pola mañá (9,30 a 14,30 h.) e tarde (16,30 a 19,30 h.) Trátase dun …
21 Maio, 2009


ADEGA presenta alegacións á ampliación da capacidade regasificadora de REGANOSA (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...cia para a ría de Ferrol, vimos de presentar alegacións contra a ampliación da capacidade regasificadora de REGANOSA a 825.600 m3(N)/h, isto é, ao duplo da capacidade actual. Esta ampliación mu …
29 Abril, 2009


ADEGA e o Comité Cidadán reiteran as denuncias por corrupción no caso REGANOSA (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...reafirmarse nas denuncias por corrupción efectuadas durante a tramitación e construción da planta de gas de REGANOSA na Ría de Ferrol. Esta citación foi aproveitada para ampliar as denuncias anterio …
13 Marzo, 2009


Propostas de ADEGA ao novo goberno: un compromiso inaprazábel coa Terra sen voltas atrás (Novas/Últimas novas)
...s instalacións que consuman combustíbeis fóseis, así como un gravame á importación de carbón. -Traslado de REGANOSA fóra da ría de Ferrol. Transporte O TREN: CERNA DUNHA MOBILIDADE SUSTENTÁBE …
09 Marzo, 2009

Propostas ecoloxistas ás forzas políticas cara ás Eleccións 2009 (Novas/Últimas novas)
...s na Directiva Marco para a Estratexia Mariña Europea. Asemade, é preciso garantir o peche de REGANOSA na ría de Ferrol e poñer fin á actividade industrial de ENCE-ELNOSA na ría d …
19 Febreiro, 2009


Novas protestas por entrada "ilegal" de gaseiros na ría de Ferrol (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...lbum 1 http://picasaweb.google.es/comitecidadan/ConcentracionGaseiroN39# Album 2 http://picasaweb.google.es/reganosa.ferrol/39GaseroIlegalNaRADeFerrol# ¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA &i …
15 Xaneiro, 2009


Asemblea Cidadá contra a Planta de Gas de Mugardos. (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...ivindicativas levadas a cabo desde a XIX Asamblea, do pasado maio: - Roteiro polas sedes dos socios de Reganosa. - O peche nos Concellos de Ferrol e Mugardos, integrados na rede Galicia Non …
18 Decembro, 2008


Denuncia de novas "irregularidades" nas contas da planta de gas de Mugardos (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
7.Novembro 2008. Denuncias de novas irregularidades nas contas de ReganosaO Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, representado por Eliseo Zaera, Luz Marina Torrente, Hum …
13 Decembro, 2008


Concentración contra a entrada do gaseiro LNG Abuja (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
Anúnciase a chegada do Gaseiro nº 28 cargado de GNL para Reganosa. O Comité Cidadán de Emerxencia convoca CONCENTRACIÓN Venres, 29 de Agosto, ás 20 horas no Edificio da Xunta de Gali …
28 Agosto, 2008


O Eume, encalado a perpetuidade para corrixir a acidez (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...nestábel e perigosa balsa aceda, que verterá as augas ao Eume. Por outra banda,
 temos tamén a Reganosa, que proxectou a construcción dunha barraxe na canle do Eume para a instalación dun …
25 Agosto, 2008


Estoupa unha planta de gas en Toronto con miles de evacuados. REGANOSA é 2000 veces maior (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...xplosión de 220.000 litros de gas propano. Milleiros de persoas deberon ser evacuadas nun radio de 1,6 Km. REGANOSA posúe en Ferrol unha planta de gas licuado cunha capacidade 2000 veces maior que os …
12 Agosto, 2008


Concentración contra a entrada do gaseiro nº 26 (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
... polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol contra a entrada do 26º Gaseiro rumbo a REGANOSA. Convócase esta CONCENTRACIÓN Ante o Edificio da Xunta de Galiza na Praza de Amada …
30 Xullo, 2008


O gaseiro "LNG Rivers" puxo en perigo a ría de Ferrol tentando entrar en Reganosa (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
Ferrol, 7 de xullo de 2008. O pasado día 2 de xullo as 4 da tarde o buque gaseiro “LNG Rivers”, un barco de 288 metros de eslora cargado con 135.000 m3 de gas natural licuado (GNL), tivo …
07 Xullo, 2008


Terceira sentenza do TSXG en contra de REGANOSA (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...008. Por terceira vez, o máis alto Tribunal de Galiza dicta unha sentenza contra a instalación da planta de REGANOSA no interior da Ría de Ferrol. Esta sentenza anula a modificación do PXOM de Mugar …
20 Xuño, 2008


ADEGA apoia a manifestación do Comité de Emerxencia contra REGANOSA este 8 de xuño en Ferrol (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...unha MANIFESTACIÓN Domingo, 8 de Xuño, ás 12 horas, no Porto de Curuxeiras contra a planta de gas de Reganosa en Mugardos. Nunca é tarde para defendernos, nunca é tarde para evi …
05 Xuño, 2008


Alegacións de ADEGA aos novos Planos Eólico e Enerxético (temas/Enerxía)
...e;tico e a medio prazo, un proxecto orzamentado e temporalizado para o traslado da planta regasificadora de Reganosa en Mugardos ao seu primitivo emprazamento fóra da ría de Ferrol. ADEGA coida que ac …
08 Abril, 2008


GALIZA NON SE VENDE! Éxito da manifestación nacional en Compostela (Novas/Últimas novas)
...ustrias perigosas segue a espallarse polo país. E se dicimos industria perigosa temos que dicir ben alto: Reganosa Reganosa, na Ría do Ferrol, é un exemplo sangrante de temeridade, irrespon …
15 Febreiro, 2008


Alegacións de ADEGA aos novos Planos Eólico e Enerxético (Novas/Últimas novas)
...e;tico e a medio prazo, un proxecto orzamentado e temporalizado para o traslado da planta regasificadora de Reganosa en Mugardos ao seu primitivo emprazamento fóra da ría de Ferrol. ADEGA coida que ac …
20 Xaneiro, 2008


Nace a rede "GALIZA NON SE VENDE" (Novas/Últimas novas)
...er; a proliferación de parques eólicos e centrais hidroeléctricas privatizando os recursos públicos; Reganosa, coa súa perigosa e ilegal situación... Nunca os ataques foron tan sistemáticos nin …
16 Novembro, 2007


30-S: manifestación en Ferrol. PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA! (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...oncello de Ferrol, DEMANDANDO: Ao governo central, que non aprobe a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA. Á Xunta de Galiza, que renuncie á herdanza envelenada dda era Fraga e reorien …
27 Setembro, 2007


Marcha a pé entre Ferrol e Mugardos "Planta de Gas fóra da Ría" (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...e as 20:00. O obxectivo desta marcha é manifestar o rexeitamento á localización da Planta de Gas que Reganosa está construíndo dentro da Ría de Ferrol, e para que os cidadáns en xeral se sumen …
23 Agosto, 2007


A Ría é nosa e non de REGANOSA (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
O pasado día 17 de agosto, día da Galiza Mártir, outro buque gaseiro entrou na ría de Ferrol, para atracar no porto de Mugardos. Pola mañanciña as barquiñas dos mariscadores conse …
20 Agosto, 2007


Lourizán, Mugardos e O Ferrazo: feridas abertas (Novas/Últimas novas)
...custe o que custe. Esta decisión amosa tamén a volatilidade da xustiza, que noutros casos como os de REGANOSA ou os depósitos do Ferrazo mesmo fallou contra as instalacións, pero con idé …
30 Xullo, 2007


Concentración o Venres 13 de Xullo pola entrada na ria do 5º gaseiro (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...ífica no peirao de Ferrol ás 4 da tarde do venres 13 de Xullo, ante a prevista chegada do 5º gaseiro a REGANOSA coa pleamar do venres pola tarde. Amosando unha vez máis a repulsa a esta bomba flo …
13 Xullo, 2007


APDR convoca a unha concentración en apoio a Bernardo Bastida (Novas/Novas de ADEGA-Pontevedra)
...tida, patrón maior da confraría de Barallobre e detido sen fianza polo bloqueo aos gaseiros que abastecen a Reganosa en Mugardos.A concentración terá lugar o venres 8 de Xuño, ás 20:30 na Praza …
06 Xuño, 2007


Miles de persoas maniféstanse en Ferrol pola vida e o medio ambiente (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...de xuño de 2007. Este domingo, ADEGA participou na concentración en Ferrol contra a planta de gas de REGANOSA e pola inmediata liberación do patrón maior, Bernardo Bastida. Esta concentración e …
04 Xuño, 2007


En defensa do ambiente e da saúde: todo@s a Ferrol o día 3! (Novas/Últimas novas)
2 de xuño de 2007. Ante os gravísimos feitos acontecidos en Ferrol co asunto REGANOSA, coa desproporcionada actuación das forzas de seguridade e que deron como resultado a prisión incondicional …
01 Xuño, 2007


Defender o ambiente non é delicto: liberdade para Bernardo Bastida! (Novas/Últimas novas)
30 de maio de 2007. O conflito de REGANOSA continúa coa ofensiva xudicial contra os pescadores e mariscadores. Aos 600.000 € en perdas que lles reclama a empresa polo Galicia Spirit hai que engad …
31 Maio, 2007


Abortado o primeiro intento de entrada do gaseiro Mourad Didouche (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...para facilitar o paso do gaseiro, e non utilizar a forza en beneficio de intereses privados como no caso de REGANOSA. …
30 Maio, 2007


Roteiro pola Península de Bezoucos (Mugardos-Ares) e a ZEPA de Valdoviño (Novas/Novas de ADEGA-Lugo)
...á o domingo 3 de xuño. Deste xeito, todos/as poderemos acudir o domingo día 3 á concentración contra REGANOSA en Ferrol, ás 12 no peirao de Curuxeiras. Logo da concentración e a comida, visitar …
29 Maio, 2007


Martes 29-M: entrada dun novo gaseiro na Ría de Ferrol (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
28 de maio de 2007. A oposición a REGANOSA no interior da Ría de Ferrol continúa cada vez con máis forza. Segundo a información de que dispoñemos, para este martes 29 de maio está prevista a ch …
28 Maio, 2007


Convocada Concentración no porto de Ferrol contra REGANOSA (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...arte ADEGA convoca de urxencia a toda a cidadanía a unha nova concentración este sábado 12 de maio c contra REGANOSA ás 12:00 no porto de Ferrol. Conseguimos parar o gaseiro e que só usando a forza lo …
12 Maio, 2007


Polo futuro do noso mar: REGANOSA fóra da ría (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
...progresiva substitución das térmicas de carbón polos ciclos combinados. Pero a instalación de REGANOSA dentro da ría resposta só a intereses empresariais, poñendo en perigo o dere …
09 Maio, 2007


Caso REGANOSA: esiximos respecto polo ambiente e a saúde! (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
8 de maio de 2007. Diante da situación criada na ría de Ferrol pola posta en funcionamento da pranta de REGANOSA e o bloqueo da bocana por parte de diversos colectivos, ADEGA recolle as palabras do Sr …
08 Maio, 2007


Índice temático dos miniespazos de RADIO CERNA (Novas/Últimas novas)
...obre a Cordilleira Cantábrica. 10 Novembro: “O salario do silencio”. Filme sobre o conflito de Reganosa. 07 Novembro: Boletín informativo. 06 Novembro: Fauna (o pícaro raposo) e o Es …
24 Febreiro, 2007


ADEGA valora a sentenza do TSXG que anula o estudo de impacto de Reganosa (Novas/Novas de ADEGA-Trasancos)
... Xunta de Galiza pretende recurrir unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que obrigaría a REGANOSA a anular o Estudo de Impacto Ambiental vixente e realizar un novo Estudo para a ins …
19 Setembro, 2006


Un accidente nunha pranta química causa danos moi graves ao Umia (Novas/Últimas novas)
...entan, por exemplo, os depósitos do Ferrazo no porto de Vilagarcia, na ría de Arousa, ou a pranta de gas de Reganosa en Mugardos, no interior da Ria de Ferrol. Os poderes públicos, incluída a xustiza, …
02 Setembro, 2006


Reganosa: reubicación xa! (Novas/Últimas novas)
ADEGA presentou recurso de alzada contra a autorización de vertido e o gasoduto de ReganosaADEGA únese aos que están loitando por unha nova ubicación da fabrica de REGANOSA, fora da ria de Ferrol. Por …
23 Marzo, 2006


Incendio en Londres (Novas/Últimas novas)
...ccidente deste tipo cando tais instalacións se encontran no medio mesmo da povoación, como é caso de Reganosa en Mugardos, no mesmo corazón dunha ría prácticamente cerrada, ou o de Repsol en Vi …
13 Decembro, 2005
_____________

sábado, 25 de abril de 2009

O Porto exterior de Ferrol

A pesares da grande riqueza biolóxica que posúe a ría de Ferrol e da necesidade de potenciar un sector pesqueiro e marisqueiro marxinado e esquecido en favor da industrialización, tan nefasta para a ría, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, co beneplácito do Mnisterio de Medio Ambiente, aprobou a construcción dun porto exterior na boca desta ría.

A Ría de Ferrol: Características

A especial constitución xeolóxica da ría de Ferrol fai que teña unha ampla variedade de hábitats. o patrimonio ecolóxico da Ría de Ferrol abrangue fauna, flora e xea de tódalas ribeiras e dos fondos. A súa conservación depende de que os sistemas permanezan inalterados para que as especies segan ocupando os mesmos nichos ecolóxicos que ocuparon sempre.Na parte exterior, e polo tanto, a máis batida polo mar, atópase a máis importate reserva de riqueza, xa que ata o de agora, era a beiramar mellor conservada e menos alterada, constituída por acantilados graníticos que se extenden polo fondo ata profundidades de entre 15 e 30m. Nos 12-25 primeiros metros, podemos atopar un bosque de laminarias de grandes algas do golfo, que alberga unha rica fauna: esponxas, corais, babosas mariñas de vistosas cores que se alimentan das esponxas, gusanos, ourizos, estrelas e moitos outros organismos que serven de alimento a outras especies de interese comercial como polbos, nécoras e santiaguiños. Tamén acolle moitas especies de peixes propias de fondos rocosos: pintos , maragotas, cabras e outras especies de pequenos peixes. Máis abaixo, en canto desaparecen as algas, entre os 15 e 30m, abundas outros animais como esponxas, gorgonias brancas, gorgonias encarnadas, pequenos e vistosos caramuxos que se alimentan das gorgonias e cangrexos semellantes a pequenas e delgadas centolas. As fanecas viven nesta zona en grupos baixo grandes pedras ou en pequenas covas.

Hai que destacar tamén, nas puntas máis saíntes do Segaño, Coitelada e os dous Pieiros, unha comunidade característica de augas moi batidas, que non se atopa no resto da ría.A parte máis estreita da ría é unha canle de 2700m x 400m, e nela existe un forte hidrodinamismo onde a auga adquire moita enerxía; téñase en conta que un 25% do total da auga da ría é renovada en cada marea. Este importante movemento condiciona o medio mariño favorecendo a intrusión de augas oceánicas ricas en nutrientes (fitoplancton), asegurando a renovación da auga do fondo e favorecendo unha boa osixenación dos sedimentos, de vital importancia para os organismos mariños e para a degradación da materia orgánica. Esta forte corrente impide que nos fondos rocosos fíxense algas, permitindo ser colonizadas por unha das comunidades máis interesantes da ría: unha multitude de organismos sésiles, que é díficil de atopar en variedade e abundancia noutros lugares. Sobre estes viven e depredan moitas especies de moluscos de interese comercial.

Xa no exterior da ría, atopamos pequenas enseadas, onde as augas son máis calmas, que albergan unha biodiversidade pouco común. Só na Enseada do Baño (Mugardos), existen máis especies de moluscos que en toda a ría de Ares. Nesta enseada, vive unha das poucas vieiras de fango que se coñecen. Hai esponxas que chegan a acadar os 5m e noutros lugares non sobrepasan os 30 cm. Tanto nesta enseada como noutras situadas máis no interior da ría, atópanse os bancos marisqueiros intermareais máis productivos da Galiza.En xeral, todos estes fondos rocosos son de moi alta biodiversidade. O resto desta extensa zona exterior ocúpao un extenso areal no que se agochan enterrados chirlas, caramuxos que buscan estas e outras ameixas para comelas, estrelas, ourizos petos e varias especies de peixes (melgachos, raias, linguados...)Nas últimas décadas, descubríronse nesta ría 18 novas especies para a aciencia; e dicir, descubríronse por primeira vez no mundo na ría de Ferrol e hoxe son coñecidas por toda a comunidade científica internacional. Ningunha outra ría de Galiza ten semellante número de especies novas. Algunhas destas especies leva o nome da ría: TRACHYTEDAMIA FERROLENSIS

O Proxecto do Porto Exterior

A pesares desta grande riqueza biolóxica que posúe a ría de Ferrol e da necesidade de potenciar un sector pesqueiro e marisqueiro marxinado e esquecido, en detrimento da industrialización, tan nefasta para a ría, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, co beneplácito do Mnisterio de Medio Ambiente, aprobou a construcción dun porto exterior na boca desta ría .

O proxecto denominado "Ampliación del Puerto de Ferrol (Puerto Exterior)" consiste, basicamente, na construcción dun dique de abrigo de máis de 1000m de lonxitude situado transversalmente na boca da ría, cun ancho de dique de 795m, ademais dunha enorme explanada de case 100 hectáreas de superficie, contruída a maior parte no mar mediante o recheo do mesmo, e na que se proxecta un atraque de graneis líquidos encostado a un dique de 22m de calado e un peirao (atracadeiro) de 1515m de lonxitude por 20 m de calado, cun peche lateral que inclúe un peirao de atraque para embarcacións auxiliares.

O dique de abrigo pechará o 60% da bocana da ría, o q provocará a alteración das mareas e correntes, e como consecuencia, a alteración da renovación das augas interiores da ría. O propio Estudio de Impacto Ambiental do proxecto, recoñece que como consecuencia desta alteración que producirá o dique de abrigo nas correntes e mareas, a renovación das augas da ría diminuirá nun 83% frente o 100% actual.A execución do proxecto afectará seriamente ó sector pesqueiro e marisqueiro que opera na ría, dado que se verán directamente afectadas zonas de pesca artesanal, extracción maiormente de moluscos bivalvos (ameixas, marolos, zamburiñas, ostras, etc...), crustáceos (percebes, centolas, nécoras....) etc.....que constitúen o único recurso para un grande número de familias na actualidade (máis de 1000 segundo datos das cofradías de pescadores e mariscadores da zona).Sería moito máis razoable invertir esa grande cantidade de diñeiro no saneamento integral da ría e na potenciación e desenvolvemento do sector da pesca artesanal e marisqueo, tan importante para a comarca, e que non ameaza a importante riqueza biolóxica e paisaxística da ría , sempre que se faga con criterios ecolóxicos.

É de reseñar, tamén, o grande impacto medio ambiental que ocasionarán os accesos terrestres do Porto Exterior previstos no proxecto , que ademais de atravesar unha boa parte das terras agrícolas e montes do rural, tamén afectará a unha parte do L.I.C. denominado Costa Ártabra.

O estudo de impacto ambiental

O Estudo de Impacto Ambiental elaborado para o citado proxecto é moi deficiente, carecendo de todo rigor, pois non se documenta para nada na ampla bibliografía científica que existe na actualidade sobre a ría de Ferrol, unha das de maior interese de toda Galiza:
  • 104 artigos publicados en revistas científicas.
  • 21 proxectos de investigación subvencionados.
  • 13 teses de Doutoramento.
  • 11 tesiñas de Licenciatura.
  • 112 Comunicacións en Congresos Estatais e Internacionais.
No Estudo dise que falta información fiable sobre a fauna e a flora da zona, polo que se deduce , ou que se descoñece ou que non se tivo en conta ningunha desta bibliografía científica. Por poñer un exemplo destas deficiencias:
  • das 732 especies mariñas descritas na zona afectada, so 34 especies foron citadas.
  • das 295 especies de flora mariña catalogadas, so cotáronse 7.
É penoso....bótase en falta a opinión ecuánime e obxectiva dun organismo de recoñecida imparcialidade á hora de elaborar o Estudo de Impacto Ambiental.

Fonte: ADEGA
_________________